*El respeto o la mirada atenta*, de Josep Maria Esquirol.
5 stars
GA Un libro marabilloso pola intención radical de achegarse ao lector que demostra en cada páxina; non en balde a filosofía que Josep María Esquirol vén elaborando foi nomeada "filosofía da proximidade". A prioridade absoluta é dirixirse ao encontro co lector, co outro, co ti. O libro contén unha proposta de como mira-lo mundo, que é cunha mirada atenta; prestándolle ao mundo unha atención detida, contemplándoo desde o acougo, desembocamos directamente nun sentimento de respecto, e deste ao amor hai unha curta distancia. Os conceptos de mirada, atención, respecto, humildade, asombro... son coidadosamente explorados e utilizados. Coidadosamente non significa exhaustivamente, ata esgotalos, senón que se lles deixa unha marxe; mantense unha distancia xusta con eles (expresión tamén propia do libro), deixando un grao de vaguidade adecuado para que poida seguir manando un significado que nos inspire. Este libro (e sospeito que toda a obra de …
GA Un libro marabilloso pola intención radical de achegarse ao lector que demostra en cada páxina; non en balde a filosofía que Josep María Esquirol vén elaborando foi nomeada "filosofía da proximidade". A prioridade absoluta é dirixirse ao encontro co lector, co outro, co ti. O libro contén unha proposta de como mira-lo mundo, que é cunha mirada atenta; prestándolle ao mundo unha atención detida, contemplándoo desde o acougo, desembocamos directamente nun sentimento de respecto, e deste ao amor hai unha curta distancia. Os conceptos de mirada, atención, respecto, humildade, asombro... son coidadosamente explorados e utilizados. Coidadosamente non significa exhaustivamente, ata esgotalos, senón que se lles deixa unha marxe; mantense unha distancia xusta con eles (expresión tamén propia do libro), deixando un grao de vaguidade adecuado para que poida seguir manando un significado que nos inspire. Este libro (e sospeito que toda a obra de Esquirol) ten, pola claridade que incentiva e pola súa sensibilidade contaxiosa, máis de medicina que moitos fármacos.
ES Un libro maravilloso por la intención radical de acercarse al lector que demuestra en cada página; no en vano la filosofía que Josep María Esquirol viene elaborando fue nombrada como "filosofía de la proximidad". La prioridad absoluta es dirigirse al encuentro con el lector, con el otro, con el tú. El libro contiene una propuesta de cómo mirar el mundo, que es con una mirada atenta; prestándole al mundo una atención detenida, contemplándolo desde el sosiego, desembocamos directamente en un sentimiento de respeto, y de este al amor hay una corta distancia. Los conceptos de mirada, atención, respeto, humildad, asombro... son cuidadosamente explorados y utilizados. Cuidadosamente no significa exhaustivamente, hasta agotarlos, sino que se les deja una margen; se mantiene una distancia justa con ellos (expresión también propia del libro), dejando un grado de vaguedad adecuado para que pueda seguir manando un significado que nos inspire. Este libro (y sospecho que toda la obra de Esquirol) tiene, por la claridad que incentiva y por su sensibilidad contagiosa, más de medicina que muchos fármacos.